Campamento urbano de verano para niños, Cambre

El 5 de mayo comienza el plazo de inscripción para participar en el campamento urbano de verano 2015 de Cambre para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, toda Educación Primaria y 1º de la ESO. Se realizará durante los meses de julio y agosto, por quincenas, y se realizará entre las 7:30 y 15:00 en un centro escolar del municipio.

Se realizarán actividades lúdico – deportivas y culturales, y un taller lúdico en inglés.

Os copio las condiciones:
1ª quincena: do 1 ao 17 de xullo.
2ª quincena: do 20 ao 31 de xullo.
3ª quincena: do 3 ao 14 de agosto.
4ª quincena: do 17 ao 31 de agosto.

Participantes:
Alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, toda Educación Primaria e 1º da ESO. Terán preferencia os empadroados no Concello de Cambre en segundo lugar os que o seu pai, nai ou titor traballe no termo municipal de Cambre (que deberá xustificalo no momento de entregar a solicitude de inscrición cun escrito da empresa onde figure a dita situación) e as prazas baleiras poderán ocupalas veciños/as doutros municipios.

Lugar de realización:
No CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

Prazo e lugar de inscrición:
Do 5 de maio ao 19 de maio de 2015.
Presentar a solicitude de inscrición do campamento urbano de verán 2015, que poderá imprimirse da páxina web do Concello de Cambre ou recoller nos propios rexistros municipais ou na oficina de Educación (situada na Barcala), en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre.
Establécese un período de subsanación de documentación nos días 27 e 28 de maio.

Selección de participantes:
No caso de haber máis solicitudes que prazas haberá sorteo o día 22 de maio ás 10 horas na oficina de Educación do Concello de Cambre.
Para saber se o solicitante está admitido deberase chamar ao número de teléfono 981 613 291 a partir do día 26 de maio.

Prezos:
75€ por quincena. As reduccións son as seguintes (aplicables só aos empadroados en Cambre):
– 20% carné xove ou carné da omix.
– 30% se ambos proxenitores ou o titor do participante acrediten figurar no rexistro do paro.
– 50% familia numerosa.
– 100% informe dos Servicios Sociais de Cambre.

Transporte (só paradas nos CEIPs do municipio de Cambre) Confirmarase antes do inicio do campamento

Das 108 prazas ofertadas, 8 están reservadas ao alumnado do “Obradoiro lúdico – cultural para menores” de Servicios Sociais podendo solicitar só unha quincena.
Para que se dean todas as modalidades deberá haber o número mínimo de solicitudes establecido.
A modalidade elixida non poderá variar ao longo do programa.

Condicións xerais:
– Un mesmo participante poderá solicitar como mínimo unha quincena e como máximo tres (valorarase a autorización ou non dunha solicitude para as catro quincenas).
– As baixas e o cambio de modalidade elixida solicitaranse por escrito en calquera dos rexistros municipais ou na dirección de correo electrónico “educacion@cambre.org” antes de (salvo excepcións por causas xustificadas):
o 16 de xuño para a primeira quincena.
o 6 de xullo para a segunda quincena.
o 22 de xullo para a terceira quincena.
o 10 de agosto para a cuarta quincena.
– Se non, logo destas datas pasarase igualmente ao cobro da quincena correspondente.
– En calquera caso as condicións de inscrición e os prezos aplicables e as reduccións son as reflectidas na ordenanza e acordo regulador vixente

+ info:
Educación
981 613 291
educacion@cambre.org

campamento-urbano-cambre

Tags:

Copyright © 2012 Zona de Recreo . All rights reserved.